Radiocrítica 18-8-2014

Con Juan LuisVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 18 de agosto en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva sobre As escaleiras do Gran Hotelde Rubén Martínez Alonso (I, 00:15); As covas de aceirode Isaac Asimov, traducido por Alejandro Tobar (I, 5:30 e II, 00:00); Onde nunca é mañá, de Manuel Alvarez Torneiro (II, 3:10) e a revista Suroeste (III, 00:21).

Audio 1     Audio 2     Audio 3

Ventos literarios do Suroeste

O panorama literario estatal é suficientemente vizoso como para contar cun par de ducias de importantes revistas culturais nas que, de xeito periódico, vai desfilando o melloriño da escrita que se produce ao sur dos Perineos.

Agora ben, son contadas as cabeceiras que teñen como razón primeira de ser o crear un espazo de converxencia das literaturas que se expresan nas diferentes linguas peninsulares. Pois ben, ese é o espírito fundacional que anima Suroeste, que nace xa cun subtítulo revelador: “Revista de literaturas ibéricas”.

Nas páxinas deste primeiro número de Suroeste, impecablemente editado pola Diputación de Badajoz e mais a Consejería de Cultura y Turismo da Junta de Extremadura, terra ela fronteiriza de seu, reúnense un feixe de máis de corenta traballos de moi diverso xorne, pois figuran reproducidos tanto poemas coma narracións, igual ensaios ca textos críticos.

Para os nosos lectores Suroeste amosa un interese certo, pois as súas planas ábrense, precisamente, cos versos galegos de Xosé María Álvarez Cáccamo, que non é o único conterráneo en participar na publicación, pois nela descóbrense tamén poemas en castelán de Antón Castro e César Antonio Molina.

Seguir lendo