Arredor de Fernando Pérez-Barreiro Nolla

O luns día 5 de febreiro a xornalista Patricia Hermida tivo a xentileza de me entrevistar a propósito da aparición dos Poemas do carricanto, a recolleita lírica da escrita do ferrolán Fernando Pérez-Barreiro Nolla que preparei para Espiral Maior. A conversa, que reproduzo tras estas liñas, emitiuse en RNE-Radio 5 e, malia a súa brevidade, houbo nela tempo para trazar un breve perfil do intelectual e significar o relevo da súa poesía e o que significa a súa recuperación. Moi agradecido a Patricia Hermida pola súa dedicación e profesionalidade.

Radiocrítica 1-6-2015

Nazaret López e Armando RequeixoVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 1 de xuño en Ames Radio (accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de E os domingos un croissant… de Ursula Heinze (2:00), de Elos, de Rosalía Fernández Rial (9:23), da Historia da literatura infantil e xuvenil galega, coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou coa colaboración de Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto (15:10) e das Amizades secretas, de Agustín Fernández Paz (23:04).

Audio I

Radiocrítica 20-4-2015

control ames radioVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 20 de abril en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión falei con Nazaret López de A antesala luminosa de Antonio Tizón (00:20), As cicatrices do sol, de Luís Valle (6:30), O caminho poético de Santiago, de Yara Frateschi Vieira, Isabel Morán Cabanas e José Antonio Souto Cabo (11:15) e Cor animal, de Maya Hanisch e Agustín Agra (17:40).

Audio 1

Radiocrítica 6-4-2015

micro antigoVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 6 de abril en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de O faro escuro, de María López Sández (1:21); de Escritoras na Galicia do século XIX, editado por Carlos Andrés González Paz (10:00), de Dos días escuros, de Carmén Caramés Gorgal (14:12) e do disco-libro A gramola gominola (20:50).

Audio 1

Radiocrítica 2-3-2015

control ames radioVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 3 de marzo en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de Crónicas de Embora, de Manrique Fernández  (00.26), Oso, mamá, si?, de María Lado (8:45), da Obra completa IV, de Roberto Vidal Bolaño (14:25) e de A pantufla de Celia (19:50)de Concha Blanco e Dani Padrón.

Audio 1