Radiocrítica 3-2-2014

Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 3 de febreiro en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión, falei con Nazaret López sobre a novela O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila (I, 00:48); o volume de artigos Coa lingua na Terra de Héitor Picallo Fuentes (I, 6:58); o relato infantoxuvenil O castañeiro de abril de Antonio Manuel Fraga (II, 00:00) e mais o poemario As lavandas adáptanse a todo erro de navegación de Ramón Neto (II, 4:59).

          http://www.goear.com/embed/sound/aca619b

a        http://www.goear.com/embed/sound/1a8803a

Radiocrítica 30-12-2013

Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o pasado luns día 30 de decembro en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión, falei con Nazaret López sobre o álbum infantil Suleiman y Salúa de Francisco X. Fernández Naval e Ali Ali (I, 5’50); o disco-libro Toc Toc de Pablo Díaz (I, 8’50 e II 0’00); o ensaio Para que nos serve Galiza? de Xaime Subiela (II, 1’50); a novela Matarte lentamente de Diego Ameixeiras (II, 4’30) e a antoloxía Novas_de poesía. 17 poetas (II, 4’30 e III, 0’30), da que lin poemas de Mario Regueira (III, 6’40) e mais de Xiana Arias (III, 7’50).

          http://www.goear.com/embed/sound/327024f

          http://www.goear.com/embed/sound/401d66d

 A      http://www.goear.com/embed/sound/cf33f53

 

Radiocrítica 16-12-2013

Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o pasado luns día 16 de decembro en Ames Radio (107.2 FM). Nesta ocasión, falei con Nazaret López sobre a novelística de Manuel Darriba (0’45),  os relatos de Antón Riveiro Coello (3’05), a poesía implicada de María Reimóndez  (7’15), a ‘Antoloxía de referencia. Etapa de expansión’ que Xavier Lama e Branca Novoneyra prepararon coas novísimas voces poéticas de Berta Dávila, Cristina Ferreiro, Xurxo Martínez González, Celia Parra, Elías Portela, Ismael Ramos e Helena Salgueiro (9’20), o teatro de Marcos Abalde Covelo (14’45), o ensaio filosófico de Carlos Lema (16’30) e mais a mitoloxía da vella Gallaecia para novos e non tanto de Manuel Gago e Manel Cráneo (18’30).

Boa audición!

        http://www.goear.com/embed/sound/7d31504

Radiocrítica

Dou comezo hoxe a unha nova sección do Criticalia á que decidín chamar ‘Radiocrítica’. Nela irei recuperando as emisións que se inseriron no espazo de comentario de libros de Ames Radio (107.2 FM).

En conversa coa xornalista Nazaret López e baixo o control técnico de Juan Luis Silva, en luns alternos co bo amigo e investigador Xosé Antonio López Silva, trazo unha panorámica do máis salientable, para o meu gusto, entre os títulos recentes e, cando a actualidade así o demanda, comento tamén outro tipo de circunstancias literarias.

Desta volta, na emisión do 11 de novembro, quixen determe en textos de Manuel Álvarez Torneiro, Berta Dávila (Parte I, 7’), Olalla Cociña (I, 8’15), Xavier Seoane (I, 9’20), Luís Rei Núñez (I, 9’50), Miguel Anxo Fernández (I, 12’30), Manuel Veiga (II, 0’45), Raúl Dans (II, 2’10), Xosé Ramón Pena (II, 3’25), Suso de Toro (II, 4’15), Valente (II, 5’), a revista Oink! (II, 6’15), Ramón Caride Ogando (II, 9’20) e Antonio García Teijeiro (II, 10’).

http://www.goear.com/embed/sound/57b0470

http://www.goear.com/embed/sound/68ceb01

Agardo que esta nova sección sexa do voso agrado. Boas (radio)lecturas!