Arredor de Fernando Pérez-Barreiro Nolla

O luns día 5 de febreiro a xornalista Patricia Hermida tivo a xentileza de me entrevistar a propósito da aparición dos Poemas do carricanto, a recolleita lírica da escrita do ferrolán Fernando Pérez-Barreiro Nolla que preparei para Espiral Maior. A conversa, que reproduzo tras estas liñas, emitiuse en RNE-Radio 5 e, malia a súa brevidade, houbo nela tempo para trazar un breve perfil do intelectual e significar o relevo da súa poesía e o que significa a súa recuperación. Moi agradecido a Patricia Hermida pola súa dedicación e profesionalidade.

Advertisements

Radiocrítica 29-6-2015

radio_amesVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 29 de xuño en Ames Radio (accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López da peza de teatro Raclette de Santiago Cortegoso (0:08); do poemario Inventario do prohibido de Luz Campello (8:20); do volume de ensaios A conxura do Capitán Gosende de Calros Solla (16:45) e do álbum infantil O xardín de Irene de Xosé Neira Vilas (25:10).

Audio 1

Radiocrítica 13-7-2015

libros en ames radioVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 13 de xullo en Ames Radio (accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva do libro de relatos Xeixos de Suso Lista (0:18); do poemario Ruído de trens de Eduard Velasco (8:35); do volume colectivo Cantiga de fonte limpa dedicado ao pintor Antón Pulido (15:55) e do libro-disco infantil Contos ao revés de Chuches Amil (21:05).

Audio 1

Radiocrítica 15-6-2015

Detalle ventá Ames RadioVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 15 de xuño en Ames Radio (accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Juan Luis Silva da novela O viaxeiro radical de Xerardo Quintiá (0:50); da escolma Un bosque novo. Antoloxía da poesía gaélica contemporánea, traducida por Carmen Rodríguez Alonso (7:07); do volume colectivo No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, coordinado por Pilar García Negro (13:18), e do relato A rula, o peluche e a nena, de Paco Martín (18:14).

Audio I

Radiocrítica 1-6-2015

Nazaret López e Armando RequeixoVelaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 1 de xuño en Ames Radio (accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de E os domingos un croissant… de Ursula Heinze (2:00), de Elos, de Rosalía Fernández Rial (9:23), da Historia da literatura infantil e xuvenil galega, coordinada por Blanca-Ana Roig Rechou coa colaboración de Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto (15:10) e das Amizades secretas, de Agustín Fernández Paz (23:04).

Audio I