Sete anos con Criticalia

Hoxe hai sete anos que Criticalia abría as súas portas e, para celebralo, muda a faciana incorporando unha nova cabeceira creada por Olga López.

Nesta ocasión o deseño emprega a técnica da acuarela para reflectir un mar de libros cun faro da sabedoría que todo o ilumina e que alcanza tamén outros útiles da escrita e a lectura. Simbólica imaxe na que ben podemos sentirnos representados todos os letraferidos.

Olga López dá, así, relevo a Caxigueiro, quen creou a imaxe que encabezou o blog as dúas últimas tempadas e que sucedeu ás doutros artistas anteriores. A todos eles debe Criticalia agradecemento por crearen magníficos atrios para esta casa dixital.

Beizón á artista, meirega xenerosa, por ter enfeitado con tanto ben esta bitácora, que loce anovada mercé ao seu talento. ¡Que a gocedes!

2 opinións sobre “Sete anos con Criticalia

  1. Vaia cabeceira de luxo!
    Envexa, moita envexa é o que teño.
    Parabéns por estes sete anos cheíños de contidos de calidade.
    Bks.
    A profa

    Gústame

Os comentarios están pechados.