Diario DC: ‘Xosé María Díaz Castro. Vida e obra’ na Radio Galega

Onte ao mediodía a programación do Diario Cultural gardou un oquiño para facerse eco do meu traballo ‘Xosé María Díaz Castro. Vida e obra‘, que acaba de saír do prelo da Editorial Galaxia. Con tal motivo, Ana Romaní e mais eu mantivemos unha agradable conversa -que podedes oír aquí– arredor da figura do autor a quen este ano homenaxeamos no Día das Letras Galegas, o mesmo que conmemoraremos a semana que vén polo seu centenario. Velaí a cita: 19-2-2014, Guitiriz.