Dende hai un par de anos para acó a produción do escritor ourensán Jorge Emilio Bóveda pareceu multiplicarse e en apenas uns meses deu ao prelo ata cinco títulos diferentes. O último deles é A habitación secreta, aparecido na colección Nume da editorial noiesa Toxosoutos. Unha novela curta na que o drama duns traballadores e as súas familias lle serven a Bóveda para debuxar un retrato social dos moi duros tempos que atravesamos.
Os tres personaxes protagonistas da novela —que tantas veces lembran os xa paradigmáticos do extraordinario filme Os luns ao sol— conforman un curioso triángulo no que cada un responde a un prototipo de sobexa ascendencia: o perdedor nato, por sempre encabuxado con cantos o rodean e un moito misántropo ademais de bebedor compulsivo (ao Chinaski, xaora); o paria con lexítimas aspiracións de mellora que é quen, mercé a un golpe de sorte, de reconducir en parte a súa deprimente vida; e a rapaza admirable que, no medio da sordidez que a rodea, consegue brillar con luz propia pero que, pola cegueira do amor, remata por complicar a súa situación, aínda que logra sobrevivir cun aquel de dignidade.
Deixando a un lado a relativa orixinalidade temática e argumental da obra, o seu maior problema reside para min no desleixado da prosa, que desloce estilisticamente tanto polas numerosísimas reiteracións e pleonasmos coma polo emprego de vocábulos cunha extensión semántica imposible.
Mais comprensibles son os puntuais esquecementos do nome dalgúns personaxes (Antón Hernández, p. 99) ou a falta de coincidencia de datas (cfr. pp. 93 / 80). Pero non quería rematar estas liñas sen facer unha última consideración aos lectores: A habitación secreta cómpre lelo obviando calquera esixencia mínima de corrección idiomática. Iso evitará estrañamentos dende o propio título que, como ben se ve, consagra xa un castelanismo flagrante, o mesmo que a frase coa que se abre a obra: “Unha serea puntual encheu a rutina dos traballadores e chamounos á calma”, onde o termo serea, claro, non se refire precisamente ao ser mitolóxico e si ao aparello xerador de grandes sons, ou sexa, a unha sirena.
A habitación secreta de Jorge Emilio Bóveda é un interesante exercicio narrativo que aposta pola exploración de territorios de incomunicación e soidade, mais tamén de esperanza e amor (tardío) como ilusionantes vagalumes cos que alumar o ceo da derrota.
secreto, -a. adxectivo (reservado, oculto). Non confundir con segredo (sustantivo) (cousa reservada, oculta, que non é de coñecemento xeral).
Extraído de Galego século XXI. Nova guía da lingua galega. Xosé Feixó, Xosé Ramón Pena e Manuel Rosales. Editorial Galaxia.
GústameGústame
Habitación: lugar ou casa onde se habita. En galego non ten o significado de “sala dunha casa”, para o que se utiliza cuarto.
Dicionario Xerais da lingua 2004
GústameGústame
Sr. ‘Chinaski’: o meu comentario referíase, concretamente, ao termo ‘habitación’, que no texto é empregado como sinónimo de ‘cuarto’. Transcribo dúas pasaxes da novela para que se aprecie o uso que se dá ao substantivo:
“Pois eu penso que todo se basea no uso que o home lle dea ao seu baúl, que cada quen ten agochado na súa habitación secreta.” (p. 33).
“Andrea tratou de prorrogar a conversación na liña da súa primeira charla metafísica coas pombas como metáfora, pero el desestimouna con moita sutileza alegando quefaceres impostergables. Levantouse, pechou con forza a tapadeira do seu baúl; botoulle tres voltas á chave da pechadura da habitación secreta, despediuse da Andrea logo dun forzado sorriso e marchou ao seu apartamento.” (p. 59)
Podería engadir máis exemplos, pero coido que os dados abondan.
E unha última cousa, sr. ‘Chinaski’: o Dicionario Xerais da Lingua e mais o manual Galego Século XXI. Nova guía da lingua galega, con ser obras lexicográficas de indubidable valía, non prescriben a nosa norma léxica, pois só os dicionarios da RAG teñen tal competencia.
GústameGústame
Que terá de malo, logo, o título “A casa” secreta?
GústameGústame
E que haberá do espírito co que escribe o autor?
GústameGústame
Respectable, pero non relevante para o labor do crítico. Dende o momento no que a autora ou autor entrega un texto para a súa publicación este pasa a ser un lector máis -todo o informado e privilexiado que se queira, pero un lector máis- da obra que ofrece para a consideración pública. De igual maneira, a lectura do crítico non é senón unha proposta de interpretación posible, só iso, unha proposta entre outras posibles. Por iso o círculo hermenéutico non se completa ata o acto de lectura de cada lector concreto.
GústameGústame
Penso que é a tradución dunha novela en castelán publicada no 2004 co título de Baúles.
GústameGústame
É Óscar. Unha autopublicación que está na base deste texto actual, no que operou modificacións.
GústameGústame
Tocaio, seica non che gustou.
GústameGústame
Tocaio: o libro ten luces e sombras e iso foi o que tentei expor. Pero calquera autor en progresión, como o caso de Bóveda, sempre ten marxe de mellora. E seguro que no futuro nos dará máis alegrías lectoras, xa verás.
GústameGústame
Creo que deben Ustedes leer con más detalle y ahondamiento esta “novelita” de Jorge Bóveda, ya sea como baúl ya como su tabernáculo en gallego.
GústameGústame
Aquí o libro orixinal:
http://www.redelibros.com/social/book/949638?v=5
GústameGústame